UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA
O Concello non está a expedir tarxetas de residentes, con persoas usuarias a non poder aparcar pese a pagar as taxas

Segundo críticas veciñais que que se teñen dirixido ao BNG, isto está a supor, que pese a estar a pagar as taxas requiridas para ter dereito a aparcar en zonas de residentes, persoas usuarias non poden estacionar os seus vehículos nos espazos reservados porque moitas veces calquera pode deixar o seu vehículo neles.
“Por que razón non se están a expedir tarxetas de residentes? Que vai facer o Goberno Municipal para remedialo canto antes? Vai aumentar a vixilancia para garantir os dereitos dos usuarios das zonas de residentes?”, inquire Avia Veira.
“A falta de control fai que veciñas e veciños que pagan as taxas correspondentes ven como en ocasións non poden aparcar nas zonas reservadas porque persoas que non teñen dereito si estacionan nelas os seus vehículos”, censura Veira, quen insta o Goberno Local a que resolva canto antes esta situación.