AVIA VEIRA ANUNCIA UNHA INICIATIVA APÓS PRESIDIR A COMISIÓN DE EDUCACIÓN E CULTURA

O BNG procurará un maior compromiso do Goberno Local coa Banda Municipal de Música

Avia Veira preside Educación e Cultura. 15 de outubro de 2020.
Por iniciativa do BNG este xoves compareceron na Comisión de Educación e Cultura o coordinador xeral da Alcaldía, Santiago Roura, e un membro da Banda Municipal de Música. O propósito, dar conta a este órgano do Concello da situación desta agrupación musical e das xestións que se realizan desde o Goberno Local para resolver os seus problemas, desde a non cobertura da praza de director/a –o último concurso ficou deserto- até as carencias de medios e de persoal que arrastra.
O BNG procurará un maior compromiso do Goberno Local coa Banda Municipal de Música

“Quixemos que se abordase a fondo nesta reunión a situación da Banda Municipal de Música”, afirma Avia Veira, na súa calidade de presidenta da Comisión de Educación e Cultura. “Por iso convocamos un membro da Banda Municipal de Música”, dixo. Roura compareceu en representación da titular da Concellería de Cultura, isto é, da alcaldesa.

“A Banda Municipal de Música arrastra desde hai tempo problemas estruturais, que teñen que ver coa dirección, coa cobertura das baixas, coa programación e mesmo agora co espazo no que actúan ou poidan actuar”, explica a concelleira nacionalista. “Ben, pois todos estes temas foron abordados na reunión da Comisión e tratounos concretamente un membro da Banda Municipal de Música convocado a pedimento meu como presidenta deste órgano do Concello”, engadiu.

Avia Veira preside a Comisión Educación e Cultura, 15 de outubro de 2020.

A partir da información que se achegou e do debate que se suscitou na Comisión, o BNG vai elaborar unha iniciativa plenaria “coa que procuraremos que o Goberno Local se comprometa firmemente en solucionar estas cuestións”, anuncia Avia Veira, quen á vez resalta que a Banda Municipal de Música é “un dos valores culturais máis importantes que ten a nosa cidade, con máis de 70 anos de historia, e cunha enorme calidade artística”.

Reforzar a Banda Municipal de Música é tanto como fortalecer o dereito das veciñas e dos veciños da cidade a acceder a un tesouro como é a música clásica nas mellores condicións posíbeis, o que pasa necesariamente porque “haxa compromisos concretos por parte do Goberno Local”.

 

O BNG procurará un maior compromiso do Goberno Local coa Banda Municipal de Música