UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Clamorosa falta de mantemento do lousado da zona Pepri Cidade Vella-Pescaría

Lousas
Lousas
O lousado da zona PEPRI Cidade Vella-Pescaría áchase nun estado “lamentábel” e iso por dúas razóns: polo “exceso de vehículos pesados” que transitan polas súas rúas e pola falta dun “mantemento axeitado”.
Clamorosa falta de mantemento do lousado da zona Pepri Cidade Vella-Pescaría

Así o considera a concelleira do BNG Avia Veira, quen en consecuencia rexistrou unha batería de preguntas por escrito por medio das cales empraza o Goberno Local a reparar o pavimento das rúas Real e Rego de Auga ao tempo que lle inquire sobre de que xeito controla e limita o acceso de vehículos pesados á zona PEPRI (Plan Especial de Protección e Reforma Interior).

Lousas 3
Lousas 1

Veira entende que é preciso extremar o control sobre o acceso dos vehículos de carga e descarga ou de aqueles que dan servizo ás obras de rehabilitación, mais igualmente cómpre que o Goberno Local despregue xa medidas para “impedir un maior deterioro do chan da Cidade Vella e da súa contorna”, nomeadamente a reparación do lousado das rúas Real, Rego de Auga e a contorna do Centro Cívico da Cidade Vella

 

Clamorosa falta de mantemento do lousado da zona Pepri Cidade Vella-Pescaría