Carril: "A universidade non pode medirse por criterios mercantilistas"

Carril: "A universidade non pode medirse por criterios mercantilistas"

A Coruña, 7 de setembro de 2012.- O profesor da UdC e portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, asistiu esta mañá á apertura do curso académico da universidade, en que, tanto Francisco Javier Cudeiro, encargado de impartir a lección inaugural, como o reitor, Xosé Luís Armesto, insistiron na necesidade de recoñecer e fomentar o papel do sistema universitario galego na investigación e na innovación científica.

Carril salienta dos discursos “a importancia de que se recoñeza a universidade, como servizo público de docencia e de investigación, que garante a mobilidade social ascendente e a igualdade de oportunidades”. E tamén destacou a necesidade de que o único criterio para medir a universidade como servizo público sexa a rendibilidade social e non a rendibilidade económica, dado que non é unha empresa privada con ánimo de lucro”,     que foi ao que se referiu o rector cando falaba, no seu discurso, da falacia mercantilista. “E a rendibilidade social da universidade é un éxito malia os escasos recursos cos que conta”, engade o nacionalista.

O portavoz do Grupo Municipal do BNG cualifica de “lamentábel” a ausencia de Feijóo, que a xustificou por mor da coincidencia con outros actos da axenda. “Isto dá a entender que o presidente da Xunta de Galiza considera máis importantes outros actos da súa axenda que a apertura do curso académico do sistema universitario galego, a pesar de que en Galiza é a universidade a única que terma da investigación e da ciencia, que son unha das melloras ferramentas para encarar os retos da crise económica”.

Carril: "A universidade non pode medirse por criterios mercantilistas"