Carril reúnese c@s afectad@s de Durmideiras, que se opoñen ao mamotreto que recolle o PXOM
A Coruña, 20 de decembro de 2012.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, reuniuse na tarde de hoxe con representantes da Comisión de afectadas e afectados de Durmideiras e da A VV das Atochas-Monte Alto-Torre de Hércules, que informounos veciños e veciñas das últimas novidades sobre o mamotreto de Durmideiras, unha vez que os nacionalistas tiveron coñecemento das modificacións do PXOM e do informe da Dirección Xeral de Patrimonio. Na xuntanza, os membros da Comisión manifestáronlles a Carril a total oposición dos veciños e veciñas de Durmideiras á proposta do PXOM para a contorna da Torre.
O portavoz do BNG, que se puxo a disposición dos e das afectadas, transmitiu que o novo PXOM consolida, con errores garrafais dos que falaron esta tarde os nacionalistas, o pelotazo da recalificación de 1998 na contorna da Torre de Hércules. Así, sinalou na xuntanza que o plan lles recoñece aos propietarios do polígono de Santo Amaro o aproveitamento urbanístico que recollía o estudo de detalle de 2002 e o proxecto de compensación do 2008 (37.171 m2) desprazando o aproveitamento de Santo Amaro a Durmideiras.