Carril explicará no Castrillón como lle afectará o PXOM ao barrio
O portavoz do BNG no Concello da Coruña denuncia que, a través deste PXOM, o PP regálalle á cidade aos promotores de sempre, que deben de estar encantados co Sr. Negreira. Lembra Carril que en comparación co documento de aprobación inicial de 2009, o Goberno local introduce cambios cualitativos que benefician os promotores e que prexudican a cidade, como a reclasificación do solo, o aumento da edificabilidade, o incremento das alturas en determinadas zonas de actuación, a diminución da porcentaxe reservada á vivenda protexida, o pelotazo da zona portuaria ou os mamotretos na península da Torre.