Carril amosa o apoio e solidariedade do BNG ás persoas que sofren cancro de mama

Carril amosa o apoio e solidariedade do BNG ás persoas que sofren cancro de mama

A Coruña, 19 de outubro de 2012.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, acudiu esta mañá a unha das mesas informativas que instalou na Praza de Lugo a Asociación Española contra o Cancro con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama. O Grupo Municipal do BNG amosa o seu apoio e solidariedade a todas as persoas que padecen esta enfermidade e advirten da necesidade da sensibilización e na prevención.

Neste contexto, os nacionalistas sinalan que a supervivencia está na prevención e reclaman a recuperación do programa de prevención galego. Así, apostan por intensificar as campañas de comunicación e sensibilización sobre os beneficios do diagnóstico precoz do cancro de mama.

Por último, ante os recortes da sanidade pública, o Grupo Municipal do BNG esixe que as mamografías se manteñan na carteira de servizos básicos prestados de balde polo Sergas.

 

Carril amosa o apoio e solidariedade do BNG ás persoas que sofren cancro de mama