ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2017
Para cando imos ter os orzamentos de 2017?
Hoxe cúmprense 3 semanas desde a celebración do Pleno onde se rexeitou a proposta de orzamentos de 2017. Cremos que xa é tempo para que o Goberno municipal mova ficha e de saber que prazos manexa xa que logo podemos atoparnos cunha situación similar á do ano pasado e non ter orzamentos até o mes de maio
Lembramos que no Pleno fixemos fincapé sobre as repercusións que supón o non ter uns orzamentos aprobados, nomeadamente sobre as asociacións e os investimentos necesarios nos barrios, e amosamos a nosa preocupación sobre o alongamento da situación actual sine die
Vimos de solicitar ao Goberno municipal que aclare publicamente cando ten pensado dar traslado da nova proposta de orzamentos para o ano 2017.
E é que sinalamos que, desde o 28 de decembro, data da celebración do Pleno onde se rexeitou o proxecto de orzamentos que o Goberno municipal trasladara aos grupos a mediados de decembro, non houbo ningunha nova ao respecto dos prazos que manexa o propio Executivo para volver a traer a debate e aprobación o novo documento.
Hoxe cúmprense 3 semanas desde a celebración do Pleno onde se rexeitou a proposta de orzamentos de 2017. Cremos que xa é tempo para que o Goberno municipal mova ficha e de saber que prazos manexa xa que logo podemos atoparnos cunha situación similar á do ano pasado e non ter orzamentos até o mes de maio.
Neste sentido, cremos que, independentemente de situacións sobrevidas na última semana, o que non se pode permitir e que a cidade sega sen ter uns orzamentos aprobados neste 2017 e mesmo que non se coñezan os prazos que manexa o Executivo xa que é o Goberno quen ten a responsabilidade de elaborar o orzamento en tempo, algo que xa non fixo durante os últimos meses do ano pasado, e non pode eludila.
É pos iso que lembramos que no propio Pleno fixemos fincapé sobre as repercusións que supón o non ter uns orzamentos aprobados, nomeadamente sobre as asociacións e os investimentos necesarios nos barrios, e amosamos a nosa preocupación sobre o alongamento da situación actual sine die.
As actividades das asociacións e das entidades volven a estar doutra volta, e ao igual que o ano pasado, hipotecadas. Os investimentos que garanten as actuacións nos barrios volven a estar en suspenso. Se as cousas se tiveran feito en tempo e forma, como fixemos nós no seu momento, con toda probabilidade xa teriamos uns orzamentos aprobados. Cómpre que o Executivo local non repita o esperpento do ano pasado e procurar ter os orzamentos á maior brevidade.
A Coruña, 18 de xaneiro de 2017
Artigos relacionados: