Acto en defensa das universidades públicas e contra o proxecto privado apadriñado pola Xunta
No evento tomarán a palabra o profesor da UDC e responsábel local do BNG, David Soto; o estudante universitario e membro de Galiza Nova, Nicolás Neira; a deputada Mercedes Queixas e o tamén membro da Cámara galega e responsábel de Educación do grupo parlamentar do BNG, Manu Lourenzo.
A posición do BNG a respecto do proxecto de Universidade Privada lanzado por Abanca é clara: total oposición a unha iniciativa que segrega o alumnado en función da súa renda. O Bloque defende, por contra, as universidades públicas galegas, necesitado dun maior financiamento por parte dunha Xunta que toma partido por un negocio privado.
Cumpre sinalar que as matrículas na universidade privada apadriñada polo Goberno Feixoo abalarán entre os 7.500 e os 11.800 euros.
O BNG considera tamén que o proxecto é irregular mesmo do ponto de vista legal ao se ofrecer graos e titulacións que son idénticos a aqueles e aquelas que se imparten por parte das universidades públicas. O truco, dado que en teoría isto non se pode facer, é simplemente mudarlles a denominación.