O BNG reitera que "neste momento a alcaldesa non ten a nosa confianza"

Grupo municipal BNG Pleno Decembro
O grupo municipal do BNG
Perante o anuncio feito esta mañá pola alcaldesa, o grupo municipal do BNG considera unha opción lexítima a presentación dunha cuestión de confianza na eventualidade de o proxecto de orzamentos non ser aprobado polo Pleno.
O BNG reitera que "neste momento a alcaldesa non ten a nosa confianza"

Ao mesmo tempo, reiteramos que neste momento o Goberno Local non ten a confianza do BNG, de aí que no seu día anunciásemos que non negociaríamos uns novos orzamentos.

E non ten a nosa confianza após constatarmos os múltiples incumprimentos de compromisos contraídos co BNG cando asinou connosco o Acordo de Investidura e o Acordo dos Orzamentos de 2024.

 

O BNG reitera que "neste momento a alcaldesa non ten a nosa confianza"