O BNG reclama que a Xunta recupere os cartos que lles concedeu ao Montespiño e ao Peñarredonda
A Coruña, 8 de xullo de 2014- Despois de que a CIG-Ensino conseguira que o Tribunal Supremo anule a Orde pola que se aprobaron os concertos educativos para os centros que segregran o alumnado por sexo, o BNG presentou no Parlamento de Galiza unha batería de iniciativas co fin de que a Consellaría de Educación recupere as subvencións que lles outorgou a cinco centros de ensino que segregan por sexo, entre os que se atopan o Montespiño e o Peñarredonda, situados na cidade da Coruña.
As nacionalistas consideran que deben de iniciarse de inmediato os trámites necesarios para recuperar as subvencións que a Consellería de Educación lles achegou a estes centros coruñeses. Así, o BNG reclama que se acate a sentenza do Supremo, que se emprendan as accións necesarias para recuperar os fondos públicos ilegalmente concedidos aos centros que practicaban educación sexista e que se dediquen estes fondos á mellora dos centros públicos galegos.