O BNG reclama a desratización da contorna do parque de Eirís
A Coruña, 8 de setembro de 2012.- Facéndose eco das demandas dos veciños e veciñas de Eirís, o Grupo Municipal do BNG levará a Pleno un rogo para que o Goberno local proceda a desratizar a contorna do parque. Esta mesma semana, segundo habitantes do barrio, podíase ver máis unha ducia de roedores onde o estanque de Eirís, mentres nenos e nenas lle botaban de comer aos patos.
Os nacionalistas pídenlle ao Goberno do Sr. Negreira axilidade para desinfectar este foco de ratas, prexudiciais para a salubridade da contorna urbana e das persoas, máxime nun lugar con importante afluencia de cativos e cativas e de persoas maiores.