O BNG recibe parte da documentación dos orzamentos municipais

Momento da rolda de prensa na que Avia Veira da conta da reunión desta tarde
O BNG recibe parte da documentación dos orzamentos municipais

A Coruña, 14 de marzo de 2016.- O Grupo Municipal do BNG considera que a reunión mantida a primeira hora da tarde co alcalde foi insubstancial xa que consistiu na entrega de parte da documentación dos orzamentos.

O Grupo Municipal do BNG cualifica como insubstancial a reunión mantida co alcalde a respecto dos orzamentos municipais xa que só consistiu na entrega de parte da documentación

As nacionalistas salientan que na proposta achegada falta o Informe da Intervención e o Anexo de Persoal, polo que non se pode aínda facer unha valoración completa do orzamento nin tomar ningunha determinación.

O BNG recibiu a primeira hora da tarde parte do expediente dos orzamentos, no que aínda faltan o Informe de Intervención e o Anexo de Persoal

Deste xeito, o BNG estudará a documentación que ten non seu poder non só para comprobar aquelas das súas achegas que foron incorporadas senón tamén para poder facer un análise sobre o conxunto de actuacións que finalmente foron incluídas.

Avia Veira: “Estudaremos o orzamento para comprobar que se recollen as nosas achegas e as novidades introducidas mais sen a documentación completa non podemos tomar ningunha determinación”

Momento da rolda de prensa na que Avia Veira dá conta da reunión desta tarde

Alén disto, a concelleira nacionalista lembroulle hoxe ao alcalde na propia reunión que aínda non foron contestadas as súas demandas de concreción solicitadas durante os días posteriores ás reunións de negociación dos orzamentos. O BNG demanda ao Executivo local que sexa máis concreto sobre as propostas de actuación que puxo enriba da mesa, sobre todo nos barrios, e que, supostamente, xa estaban contempladas polo actual Goberno nalgunha das partidas xenéricas.

 

 

Artigos relacionados

O BNG recibe parte da documentación dos orzamentos municipais