O BNG exixe o arranxo da fochanca da rúa Castiñeiro de Eirís
A Coruña, 8 de marzo de 2015- O Grupo Municipal do BNG exíxelle ao Goberno do Sr. Negreira o arranxo da fochanca que hai na rúa Castiñeiro de Eirís. Trátase dun viario que conduce ao CHUAC e que é frecuentado pola veciñanza para ir ao hospital.
Veciños e veciñas do lugar, puxéronse en contacto co Grupo Municipal do BNG para que as nacionalistas lle solicitasen ao Goberno local o amaño desta cavidade que se abriu no camiño. Precisamente, o BNG presentará un rogo ao respecto no día de mañá para que o Goberno do Sr. Negreira arranxe o firme de inmediato.