O BNG pregunta polos motivos que levaron o PP a arranxar unha rúa que estaba en perfecto estado

O BNG pregunta polos motivos que levaron o PP a arranxar unha rúa que estaba en perfecto estado

A Coruña, 30 de novembro de 2012.- A concelleira do BNG María Xosé Bravo vén de presentar unha iniciativa para coñecer os motivos que levaron o Goberno do Sr. Negreira a arranxar a parte da rúa Montes que estaba en correcto estado e a deixar deteriorada a parte da rúa que había que reparar. Precisamente, tanto hostalaría e comercios da zona, a ANPA do CEIP Anxo da Garda e a A VV Oza-A Gaiteira-Os Castros están a recoller sinaturas para que esta rúa sexa peonil.

Neste contexto, Bravo preguntan como explica o Concello que non se arranxase a zona da rúa que estaba en bo estado, canto lle custou á cidadanía a reparación da parte que estaba en correcto estado e canto custará arranxar a parte da rúa que, realmente, había que arranxar e que medidas ten previsto adoptar o Goberno municipal para evitar unha desfeita tan ridícula como esta en futuras actuacións.

Ademais, o Grupo Municipal do BNG pregúntalle ao Goberno do Sr. Negreira se é coñecedor das demandas da veciñanza, hostalaría, comunidade educativa e comercio para facer peonil a rúa Monte e se ten previsto atendelas.

A concelleira do BNG sinala que a chapuzada na rúa Montes ten a ver co déficit de atención que sofren os barrios.

 

O BNG pregunta polos motivos que levaron o PP a arranxar unha rúa que estaba en perfecto estado