O BNG pon buses para facilitar unha masiva asistencia a manifestación contra a mina de Corcoesto

O BNG pon buses para facilitar unha masiva asistencia a manifestación contra a mina de Corcoesto

A Coruña, 11 de abril de 2013.- O BNG da comarca da Coruña chama o conxunto da cidadanía a acudir masivamente á manifestación que este vindeiro domingo 14 de abril percorrerá as rúas de Carballo contra o irracional e megacontaminante proxecto mineiro a ceo aberto de Corcoesto, promovido pola multinacional canadiana Edgewater co inestimábel apoio da Xunta de Galiza e dos gobernos municipais de Coristanco e Cabana de Bergantiños, con gobernos do Partido Popular.

O BNG, como xa fixo en todas as ocasións anteriores, participará activamente desta nova convocatoria da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, da cal fai parte xunto a diversos colectivos veciñais, sindicais ou ecoloxistas.

Para facilitar no posíbel unha masiva participación na mobilización, o BNG da comarca da Coruña pon ao dispor de toda a cidadanía un servizo de autobuses desde A Coruña o propio domingo. Para poder facer uso del, as persoas interesadas deberanse anotar previamente antes deste sábado día 13 ás 12 da mañá.

Os medios de o facer serán: presencialmente, no local comarcal do BNG da Coruña (Ronda de Outeiro, 62 – entresollado) en horario de 9 a 13 e de 16 a 20 horas; telefonicamente, no 981 168 977 ou no 646 382 050 (no horario antes indicado); ou a través do enderezo electrónico [email protected]. A viaxe, de ida e volta, terá un prezo simbólico de 3’50 € para axudar a cubrir os gastos organizativos.

 

O BNG pon buses para facilitar unha masiva asistencia a manifestación contra a mina de Corcoesto