O BNG pon buses para a asistir á manifestación "Por unha Galiza sen lumes"
04 out. 2013 - 16:45
A Coruña, 4 de outubro de 2013.- O BNG da comarca da Coruña pon autobuses para asistir á manifestación nacional Por unha Galiza sen lumes, que terá lugar este domingo en Compostela, con saída ás 12h da Alameda.
Os autobuses sairán da praza da Palloza ás 10.30h e regresarán ao remate do acto por 6 euros. As persoas interesadas poden anotarse no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 646 383 050.