O BNG pídelle a Negreira a máxima transparencia en relación á "Operación Zeta"
17 out. 2014 - 12:23
A Coruña, 17 de outubro de 2014- En relación á denominada Operación Zeta, o Grupo Municipal do BNG apela á máxima transparencia e á máxima colaboración coa Xustiza.
Así, o Grupo Municipal do BNG empraza o Goberno local a facer un inventario de todos os contratos e axudas do Concello que teñan a ver con empresas ou asociacións do grupo e a poñelas a disposición xudicial.