O BNG pídelle o Goberno municipal que non cree conflito ao redor do San Xoán
A Coruña, 27 de setembro de 2013.- Tal e como viu manifestando estes días, o Grupo Municipal do BNG alégrase de que o San Xoán, festividade de marcado carácter pagán, galega e de barrios, con moita popularidade na Coruña, fora declarado festivo local. Así, o 25 de setembro, as nacionalistas sinalaron que se alegraban de que San Xoán fora declarado festivo local (http://bng.gal/cidadedacorunha/2013/09/25/o-bng-alegrase-de-que-san-xoan-sexa-festivo-local/) e o 26 de xullo tamén valoraba positivamente esta decisión (http://bng.gal/cidadedacorunha/2013/09/26/o-bng-amosa-a-sua-satisfaccion-polo-24-de-xuno-festivo/).
Ademais, o Grupo Municipal do BNG non só transmitía a súa satisfacción por que o San Xoán vaia ser festivo, senón que indicaba que se nun futuro a Xunta de Galiza escollese o 24 de xuño como feirado nacional en substitución dalgún feirado que caese en domingo (no 2015 até 3 festivos caen en domingo), o Concello non perdería o dereito a nomear outro festivo.