O BNG participará na concentración convocada para mañá pola Comisión Aberta en Defensa do Común

O BNG participará na concentración convocada para mañá pola Comisión Aberta en Defensa do Común

A Coruña, 6 de abril de 2016.- O BNG apoia e fai un chamamento á veciñanza da cidade para participar na concentración que a Plataforma Aberta en Defensa do Común convocou para mañá, ás 20.00 h, na avenida do Metrosidero, entre a reitoría da UdC e o Cuartel de Atocha.

As nacionalistas fan un chamamento á veciñanza da cidade a sumarse á concentración convocada para mañá ás 20.00 h na avenida do Metrosidero

Pegada de carteis reclamando a devolución do Campo da Estrada

O BNG considera que se debe impedir que o Ministerio de Defensa continúe actuando como unha inmobiliaria dedicada á especulación, xa que entenden que os terreos do Campo da Estrada, na Maestranza, “forman parte do común, son bens propios, que sempre pertenceron á cidade da Coruña desde a súa fundación, e deben ser cedidos gratuitamente ao concello da Coruña para uso público”, como moi ben sinala a propia Comisión.

É por isto que o Bloque felicita ás persoas que tomaron a iniciativa de constituír esta comisión cidadá e o traballo que está a desenvolver e comparte o manifesto da comisión e o obxectivo de impedir a poxa dos terreos e conseguir a devolución gratuíta dos espazos comunais do Campo da Estrada.

O Grupo Municipal do BNG lembra que presentará no Pleno do vindeiro luns a moción presentada a todos os grupos políticos pola plataforma e que demanda a paralización da poxa e a devolución gratuíta por Defensa dos terreos do Campo da Estrada

Avenida do Metrosidero no Campo da Estrada

Por último, o BNG lembra que no vindeiro Pleno ordinario que se celebrará o luns 11 presentará a moción que a Comisión Aberta en Defensa do Común, e na que participa a propia organización nacionalista, enviou a todos os grupos políticos e na que se insta ao Concello da Coruña a solicitar do Ministerio de Defensa a devolución gratuíta dos terreos do Campo da Estrada, ao Goberno municipal a que tome as medidas necesarias para a modificación puntual do Plan Xeral de Urbanismo, posibilitando a posta en valor do Patrimonio Urbanístico, Arquitectónico e Arqueolóxico da Coruña e a súa adaptación aos valores e necesidades culturais e sociais da cidadanía e non ao servizo de intereses especulativos e mercantilistas e a ter en conta a participación e opinión da cidadanía e da asociación de Veciños da Cidade Vella sobre o futuro uso deses terreos.

 

Artigos relacionados

O BNG participará na concentración convocada para mañá pola Comisión Aberta en Defensa do Común