O BNG participa mañá na "inauguración" da praza da Autodeterminación, de Galiza Nova
A Coruña, 5 de decembro de 2012.- O BNG da Coruña súmase ao acto que convoca Galiza Nova con motivo do 6 de decembro, co fin de lembrar que os e as nacionalistas non celebran o día da constitución española. O BNG convida o pobo a dicir "si á autodeterminación", porque esta constitución non nos representa.
A partir das 17h, a praza da Constitución (Cidade Vella) converterase na praza da Autodeterminación nun ambiente festivo-reivindicativo en que non faltará a música a cargo de Xurxo Souto. Ademais, Galiza Nova fará entrega dos DNI galegos (que pode solicitarse na web www.dnigalego.com). As concelleiras María Xosé Bravo, Ermitas Valencia e Avia Veira participará no acto para reivindicar a nosa soberanía como nación galega.
O BNG tamén convida a toda aquela persoa que non se sinte representada pola constitución española a participar na manifestación virtual expansiva pola soberanía de Galiza, que circulará a través de Twitter co hashtag #soberaníaGZ.