O BNG manifestarase en defensa dos postos de traballo da fábrica de armas

O BNG manifestarase en defensa dos postos de traballo da fábrica de armas

A Coruña, 22 de marzo de 2013.- O BNG da comarca da Coruña anima a cidadanía a participar mañá na manifestación en defensa dos postos de traballo na fábrica de armas, unha mobilización que partirá ás 12h da Praza da Palloza. As nacionalistas, que estarán representadas por cargos institucionais e orgánicos dos concellos da comarca, esíxenlle ao Goberno municipal da Coruña e á Xunta de Galiza que presionen o Goberno central para que se implique, máxime tendo en conta que a planta da Coruña é a única que pecha en todo o Estado e que a situación laboral dos empregados da Coruña é a única que non se resolveu. Lembra o BNG que o Ministerio de Industria e o Ministerio de Defensa poden exercer presión sobre Gerenal Dynamics como acredores e financiadores que son da empresa.

Ademais, o BNG da comarca da Coruña, que apela á diversificación da actividade ao eido civil como garantía de futuro, pon de manifesto que a Xunta de Galiza debe liderar o impulso dun proxecto industrial que garanta a actividade industrial na fábrica e, en consecuencia, o mantemento dos postos de traballo, tal e como se comprometeu o Goberno galego cos empregados de Santa Bárbara na Coruña.

 

O BNG manifestarase en defensa dos postos de traballo da fábrica de armas