O BNG leva as propostas recollidas no programa aos Rosais
A Coruña, 20 de setembro de 2012.- O concelleiro do BNG Xan Caxigal e a candidata ao Parlamento galego pola Coruña Vitoria Louro levarán mañá, venres, aos Rosais as principais propostas que os nacionalistas recolleron no programa electoral co que concorrerán aos comicios do 21 de outubro.
A partir das 19 horas, a Praza Elíptica acollerá esta charla-coloquio organizada polo BNG para explicar os eixos centrais das súas iniciativas, que se artellan ao redor da creación de emprego, co impulso da economía produtiva, da defensa dos servizos sociais públicos e mais da dignificación da democracia e a participación cidadá. Precisamente, apelando á participación da veciñanza, os nacionalistas animan á cidadanía deste barrio a asistir ao acto.