O BNG introducirá os orzamentos na Comisión de Portavoces convocada para mañá

Momento dunha reunión da Comisión de Portavoces con Avia Veira á esquerda
O BNG introducirá os orzamentos na Comisión de Portavoces convocada para mañá

A Coruña, 4 de febreiro de 2016.- Logo da incomparecencia do Goberno municipal e o Grupo Municipal do PSOE á reunión convocada para onte polas nacionalistas, o Grupo Municipal do BNG aproveitará a Comisión de Portavoces de mañá para introducir o debate da proposta dos orzamentos para o 2016.

Reunión da Comisión de Portavoces con Avia Veira  á esquerda

Entendendo que na Comisión se tratarán “Asuntos xerais”, e dadas as importantes consecuencias que ten o bloqueo da proposta de Orzamentos, o BNG sinala que porá enriba da mesa a súa preocupación porque os orzamentos sigan paralizados e por continuarmos cos orzamentos do PP prorrogados.

As nacionalistas sinalan que esta é unha iniciativa máis no seu empeño por acadar uns orzamentos que permitan que se apliquen na cidade políticas verdadeiramente novas, un cambio de políticas que a formación nacionalista procuraba apoiando o cambio de goberno.

Así mesmo, o Bloque pretende que se coñezan cales son as diferenzas concretas canto ao proxecto de orzamentos que separan o Goberno municipal do Grupo Municipal Socialista.

 

Artigos relacionados:

O BNG introducirá os orzamentos na Comisión de Portavoces convocada para mañá