O BNG interésase no Parlamento polo futuro da Fábrica de Armas

O BNG interésase no Parlamento polo futuro da Fábrica de Armas

A Coruña, 13 de febreiro de 2016.- A instancias do Grupo Municipal da Coruña, o Grupo Parlamentario do BNG presentou unha serie de iniciativas no Parlamento de Galiza relativas á problemática da antiga Fábrica de Armas de Pedralonga, hoxe Hércules de Armamento (HdA).

O BNG presenta unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza a respecto da antiga Fábrica de Armas

Segundo as nacionalistas, a día de hoxe, o futuro da actividade produtiva e dos postos de traballo da Fábrica de Armas segue cheo de incertezas, as empregadas e os empregados están a sufrir impagos e retrasos no cobro dos salarios e, ademais, a adxudicataria da concesión ten grandes dificultades para a posta en marcha do seu proxecto industrial.

As nacionalistas, a través destas iniciativas, pretenden saber se a Xunta de Galiza vai atender a petición dos/as representantes do cadro de persoal de convocar unha reunión conxunta para abordar a situación e coordinar as actuacións precisas para que se manteñan os postos de traballo e a actividade industrial

O Bloque lembra que en 2014 o Ministerio de Defensa convocou un concurso público para a concesión da xestión de parte das instalacións durante un período de 15 anos. En concreto concesionáronse 127.000 metros cadrados (aproximadamente a metade dos terreos dos que dispón o Ministerio de Defensa no recinto de Pedralonga) nos que están ubicadas as distintas naves e talleres de produción. A empresa gañadora do concurso, Hércules de Armamento, prevía que a produción de armamento lixeiro representase o 44,85% das ventas en 2015 e que tivesen tamén un peso relevante os encargos do sector aeronáutico e de compoñentes da industria civil. Ao tempo fixábase como obxectivo que un ano despois da adxudicación traballasen 155 persoas na factoría. Mais todas estas previsións, a xuízo das nacionalistas, seguen no aire.

Vista aérea da Fabrica de Armas

Toda esta situación, sinala o BNG, levou a que o 14 de decembro de 2015 representantes do cadro de persoal dirixiran unha carta, debidamente rexistrada, á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que se convocase unha reunión conxunta para abordar a situación e coordinar as actuacións precisas para que se manteñan os postos de traballo e a actividade industrial.

Deste xeito, o Grupo Parlamentar do BNG presentou varias preguntas, tanto para a súa resposta oral e escrita en Comisión e en Pleno. Nestas inquírelle á Xunta se é coñecedora da situación actual da antiga Fábrica de armas da Coruña, hoxe Hércules de Armamento (HdA), se coñece as incertezas que existen sobre o futuro da actividade produtiva e dos postos de traballo e se vai atender a petición das e dos representantes do cadro de persoal de convocar unha reunión conxunta para abordar a situación e coordinar as actuacións precisas para que se manteñan os postos de traballo e a actividade industrial. Asemade, nesta batería de preguntas, o Bloque quere saber se a Xunta vai manter reunións coas traballadoras e traballadores, empresa concesionaria, Concello da Coruña e Goberno Central e que accións vai desenvolver para garantir o mantemento da produción e dos postos de traballo.

“Presentamos unha Proposición non de lei na que se solicita ao Parlamento galego a instar á Xunta de Galiza a desenvolver cantas accións sexan necesarias para garantir o mantemento da produción e dos postos de traballo na antiga Fábrica de armas da Coruña, hoxe Hércules de Armamento (HdA)” indican as nacionalistas

Por último, o BNG tamén presentou unha Proposición non de lei na que solicita no Parlamento galego a instar á Xunta de Galiza a desenvolver cantas accións sexan necesarias para garantir o mantemento da produción e dos postos de traballo na antiga Fábrica de armas da Coruña, hoxe Hércules de Armamento (HdA).

 

Batería de iniciativas presentadas

 

 

O BNG interésase no Parlamento polo futuro da Fábrica de Armas