O BNG insta o alcalde a solicitar a reversión dos terreos da fábrica de armas
A Coruña, 13 de setembro de 2013.- O Grupo municipal do BNG sinala que o Goberno local debería coñecer, a estas alturas, que quere facer o Ministerio de Defensa cos terreos de Santa Bárbara, unha vez que este os recupere o catro de outubro.
Así que se o Ministerio de Defensa decide desafectalos, o BNG insta o alcalde a que lle solicite a reversión dos terreos da Fábrica de Armas ao ministerio e poder pór en marcha unha iniciativa industrial concreta para os terreos e para a nosa comarca.
Non hai que esquencer que foi o Concello da Coruña quen cedeu os terreos ao Ministerio cunha finalidade de uso moi concreto, que agora non se dá, razón pola que o Ministrio de Defensa ten que devolver os terreo ao Concello da Coruña.