O BNG homenaxea a Pedro Galán Calvete en Monte Alto
A Coruña, 20 de setembro de 2013.- O Grupo de Barrio do BNG en Monte Alto e Galiza Nova celebra este mañá a homenaxe a Pedro Galán Calvete, Secretario de Organización das Mocidades Galeguistas da Coruña (A Coruña, 1917-A Corveira, 1936), asasinado a mans dos franquistas con tan só 19 anos.
A homenaxe comezará ás 11.30h na Parque Carlos Casares, ao pé da rúa Pedro Galán Calvete, cun acto de presentación da publicación Pedro Galán Calvete. Da man do corazón, que contén textos de Alberte Mera, Baldomero Iglesias Dobarrio Mero, Dionisio Pereira, Goretti Sanmartín, Isabel Risco, Lino Braxe, Lois Diéguez, Manuel Lugrís, Manuel Rei, Pilar García Negro, Mercedes Queixas, Pedro Galán Horro, Pilar Pallarés, Uxío Breogán Diéguez e Xosé Manuel Carril.
Ás 12.45h haberá unha ofrenda floral no cemiterio de Santo Amaro no que intervirán Avia Veira González, concelleira do BNG, Pedro Galán Horro, sobriño do homenaxeado, e Goretti Sanmartín, secretaria de implantación e estratexia municipal do BNG.