O BNG exixe un documento oficial público para coñecer a peonalización da Cidade Vella
A Coruña, 9 de xullo de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego indícalle ao Sr. Negreira que as presentacións e explicacións detalladas do plan de peonalización da Cidade Vella as faga a través dun documento oficial público, xa que até o día de hoxe, como lembra a entidade veciñal deste barrio, non se coñece plan ningún.
As nacionalistas salientan que se o plan de peonalización é o do PEPRI e do PMUS, está claro que as medidas non están pensadas para a mobilidade dos peóns, senón para o negocio dos aparcadoiros en superficie (ORA) e dos aparcadoiros privados de pago (o do Parrote de Copasa).