O BNG espera que o PP acolla crianzas con diversidade funcional no programa de lecer de Cultura
A Coruña, 19 de xaneiro de 2014- En relación á presentación do programa de lecer de primavera do Fórum e do Ágora, o Grupo Municipal do BNG espera que o Partido Popular abandone a súa actitude insensíbel e discriminatoria que o caracteriza e permita a participación, por fin, de crianzas con diversidade funcional nos obradoiros de lecer que terán lugar os sábados pola mañá.
As nacionalistas denuncian que esta exclusión ilegal e inmoral comezou en 2013, cando de maneira explícita os programas relativos ás actividades de lecer comezaron a incluír que la actividad no cuenta con necesidades de apoyo para niños con necesidades educativas especiales. No 2012, seguindo a estela do anterior Goberno municipal, o PP permitía que os pequenos e pequenas con diversidade funcional participaran neste tipo de campamentos e de actividades.