O BNG empraza o Goberno municipal a arranxar o valado da Avda da Sardiñeira
A Coruña, 2 de xaneiro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG empraza o Goberno do Sr. Negreira a arranxar o valado da avenida da Sardiñeira ante o perigo que existe dado o seu lamentábel estado (fáltanlle barras, está roto e posúe zonas cortantes nalgúns dos seus extremos). A concelleira María Xosé Bravo formulou un rogo e mais unha serie de preguntas para a resposta escrita co fin de que o Concello adopte medidas de precaución ao respecto.
Este valado, sinala Bravo, atópase nun dos extremos da avenida da Sardiñeira, en concreto, perto do CEIP José Cornide e da pasarela que cruza a vía do tren e arreda a rúa dunha perigosa pendente que remata na vía do tren. De aí que o BNG insista nas desgrazas que poden derivarse de non tomar o Goberno municipal ningunha medida.