O BNG denuncia que @s usuari@s da axuda a domicilio terán que pagar un 21% máis
A Coruña, 17 de decembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto o incremento de até nun 21% da cantidade que terán que pagar os usuarios e usuarias dos servizos complementarios da axuda a domicilio e mais o Concello da Coruña, unha suba que os nacionalistas consideran inaceptábel e que o Goberno do Sr. Negreira silenciou. Da análise do prego de cláusulas do contrato da xestión do servizo público de axuda a domicilio do Concello da Coruña advírtese que os prezos dos servizos complementarios aumentaron até un 21% respecto dos pregos anteriores, (o primeiro deste ano resolveuse o 1 de xuño e o segundo, o 30 de agosto). E é que mentres que nos anteriores contratos se incluía o IVE nos prezos, neste novo contrato o IVE fica excluído, polo que os e as usuarias e o Concello terán que pagar máis.
Así, no anexo sobre prezos unitarios, sinálase que "los siguientes precios unitarios no incluyen IVA" (mentres que no anterior contrato si se incluía):
- Horas ordinarias de lunes a sábado entre las 7:00 y las 22:00 horas: 14,00 (IVA excluido)
- Horas festivas y nocturnas domingos y festivos entre las 7:00 y las 22:00 horas: 14,50 (IVA excluido) de lunes a domingo incluido festivos de 22:00 A 7:00 horas: 14,50 (IVA excluido)
- Ayudas técnicas (alquiler mensual) grúa: 60,00 (IVA excluido)
- Cama articulada: 50,00 (IVA excluido)
- Asiento giratorio para el baño, silla de ruedas, andador, colchón antiescaras, y otras ayudas técnicas no incluidas en el catálogo del Servicio Gallego de Salud (SERGAS): 5,00 (IVA excluido)
- Limpieza extraordinaria (hora): 9,00 (IVA excluido)
- Podología (hora): 16,00 (IVA excluido)
- Peluquería:
lavar y peinar: 10,00 (IVA excluido)
corte de pelo: 8,00 (IVA excluido)
lavar, cortar y peinar: 16,00 (IVA excluido)
- Otras atenciones con función asesora, terapeútica o rehabilitadora (fisioterapia, terapia ocupacional, atención psicológica, logopedia y atenciones similares), servicios de profesionales con titulación universitaria de grado medio (hora): 25,00 (IVA excluido) y con titulación universitaria superior: 35,00 (IVA excluido).
A concelleira María Xosé Bravo critica que en cuestión de catro meses aumentara o prezo a pagar polos servizos complementarios da axuda a domicilio até un 21%. A nacionalista sinala que "este é un dos exemplos lamentábeis do incremento do IVE, que só trae o roubo ao pobo e máis sufrimento".
A edila do BNG sinala que os servizos complementarios que inclúe a axuda a domicilio non son ningún ben de luxo, senón que son imprescindíbeis para moitos dos usuarios e usuarias. É por iso que acusa o PP de estrangular as persoas dependentes. Bravo, que defende unha política fiscal na que pague máis quen máis ten, advirte de que nun sistema tributario xusto non pagaría o mesmo Botín que un pensionista da Coruña.