O BNG denuncia a pasividade do Goberno local co soar abandonado de Almirante Romai

O BNG denuncia a pasividade do Goberno local co soar abandonado de Almirante Romai

A Coruña, 13 de outubro de 2014- O Grupo Municipal do BNG denuncia que a pasividade do Sr. Negreira en relación ao soar abandonado na praza Almirante Romai é, absolutamente, inconcebíbel. E é que despois das iniciativas presentadas polo BNG, amais das denuncias a través de comunicados de prensa e as protestas rexistradas pola veciñanza no Concello, o Goberno local segue sen emprazar a propiedade deste soar a acometer as obras necesarias para restituír a salubridade da zona.

A poza de enorme estensión que ocupa o soar abandonado está ateigada de bechos e emana fedor, o que representa un problema de saúde pública para as persoas que moran ao redor da propia praza e mais na rúa San Roque de Afóra. De feito, a veciñanza nin sequera pode abrir as súas xanelas dado o cheiro da auga apodrecida, o lixo e os insectos que se acumulan neste auténtico foco de infección.

O Grupo Municipal do BNG considera que o Goberno Local debe ordenarlle, con urxencia, á propiedade que execute as obras necesarias para restituír a salubridade da zona, e no caso de non cumprir, debe procederse á execución forzosa ou á execución subsidiaria. Na actualidade, o soar atópase en trámite de incoación de expediente de caducidade.

 

O BNG denuncia a pasividade do Goberno local co soar abandonado de Almirante Romai