O BNG denuncia a omisión do galego na campaña de Coruña Wapa

O BNG denuncia a omisión do galego na campaña de Coruña Wapa

A Coruña, 4 de setembro de 2013.- O Grupo municipal do BNG denuncia que a Concellaría de Emprego e Empresa volve omitir, unha máis, a lingua propia de Galiza para unha actividade da súa concellaría, en concreto o evento Coruña Wapa, desprezando, así, o galego para comunicar na cidade esta actividade e para dinamizar a vida comercial e social dos barrios e os seus pequenos negocios e esquencendo que o galego é lingua oficial do Concello da Coruña.

Esta actividade, Coruña Wapa, subliñan as nacionalistas, que ten un importe de licitación de 180.000 euros, dez mil euros máis que o ano pasado (o ano pasado desglosábase en dúas actividades, Stock Coruña (mercado de oportunidades) e Coruña Wapa (xornadas multidisciplinares de arte, imaxe e tecnoloxía)), nos seus pregos técnicos para a contratación da organización, produción e e difusión do mesmo sinala unha serie de mensaxes para a campaña informativa (Anexo I) que irán en distintos soportes de comunicación (publicidade exterior non convencional, bandeirolas, flyers, traseiras do autobús, tv de autobuses/pantalla de faculdades, cuñas en radio, anuncios en prensa escrita, banners, vídeos, mupis, merchandising e bolsas e camisetas) e que non están en galego. Alén disto, dentro dos requisitos indícase que en todo o material promocional do evento, o contratista empregará o logotipo do Concello e o do comercio local e achégase un anexo, o II, que non é o logo do Concello da Coruña e usa toponimia deturpada e ilegal.

O BNG exíxelle á concelleira e ao Goberno local que corrixan e emprázaos a que cumpra coa lexislación vixente en materia lingüística.

 

O BNG denuncia a omisión do galego na campaña de Coruña Wapa