O BNG denuncia a falta de limpeza nos Xardíns de Méndez Núñez
A Coruña, 14 de setembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG advirte da sucidade dos Xardíns de Méndez Núñez en que, aínda ás 9h, ficaba esparexido no chan todo o lixo do botellón. Os nacionalistas acusan o Goberno local desleixo e de falta de previsión dado que a concentración derivada dos botellóns non é espontánea, senón que é previsíbel, máxime un xoves á noite.
Ás 9h aínda estaba esparexido polo chan todo o lixo do botellón, e iso que o Goberno local contaba coa previsión
Critican tamén que non tivera en conta o Goberno do Sr. Negreira mellorar a seguridade no botellón desta noite (sempre desde o punto de vista da disuasión, e non da persuasión), ao igual que en calquera outra concentración de persoas, independentemente da idade.
A Adminstración local, sinalan, non pode manterse á marxe. Por iso, instan o Goberno do Sr. Negreira a reforzar a limpeza antes e despois dos botellóns.Os responsábeis municipais, apuntan, teñen na súa man limpar minimizar os efectos causados polo botellón.