O BNG denuncia que o estudo de detalle de Sta María do Mar faise ao amparo do PXOM do 98
A Coruña, 22 de agosto de 2014- O Grupo Municipal do BNG denuncia que o Goberno do Sr. Negreira aplica o PXOM de 1998 e non a normativa actual, o PXOM de 2013, que leva máis dun ano en vigor, no estudo de detalle para a ordenación de volumes para a construción dunha cuberta para a pista de hockei existente no colexio Santa María do Mar, cuxa aprobación inicial tivo lugar na Xunta de Goberno Local do pasado 28 de xullo e cuxa publicación no DOG tivo lugar o 31 de xullo.
Na documentación aprobada en Xunta de Goberno Local (achégase xunto á nota), no obxecto do estudo de detalle, asinado polo concelleiro de Urbanismo, sinálase que a necesidade do Estudo de Detalle deriva da exixencia contida no artigo 7.2.11 Norma Zonal 11. Equipamentos, do PXOM de 1998 (API S35 do PXOM 2013) ao ser estes documentos os que teñen atribuídas as funcións de completar e reaxustar as alineacións e resantes, ademais das de ordenación dos volumes edificábeis no solo urbano, tal e como se indica no art. 73.1 da LOUGA.
Ademais, no estudo de detalle aprobado inicialmente advírtese, expresamente, de que a normativa de aplicación é o PXOM de 1998 e mesmo no ámbito do estudo de detalle tamén se cita o PXOM de 1998 e non se alude á normativa de 2013, a que debería aplicarse.
Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG empraza o Goberno do Sr. Negreira a que se debe a aplicación do PXOM de 1998 e non o actual, o de 2013, no estudo de detalle para a construción da cuberta desta pista do colexio Santa María do Mar.