O BNG denuncia que o centro Boandanza non é municipal
A Coruña, 5 de setembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG sinala que non tente o Goberno municipal do PP vender como un centro de día municipal, o cal renunciou facer cando reprogramou as obras a realizar no proxecto Urban-C, a reforma do Centro Boandanza. E é que no seu día o Goberno do Sr. Negreira substituiu a construción dun centro de día público por un agasallo a Cáritas disfrazado de cesión. No convenio leonino de cesión supeditaba actuación pública sobre o centro día e o centro social á opinión e ás directrices de Cáritas, sobre todo se esta non for a concesionaria que xestionase o centro.
O BNG recorda que este inmoble lle foi cedido ao Concello baixo unhas obrigas desproporcionadas que fan non só rehabilitarlle o edificio a esta entidade eclesial por 1,44 millóns de euros dos fondos do Urban C, senón que Cáritas vai seguir tendo o control das obras que alí se fagan e incluso da actividade futura que o concello poida desenvolver.