OS FUTUROS USOS, A DECIDIR CONTANDO COA OPINIÓN DA CIDADANÍA E DE PERSOAS EXPERTAS

O BNG defende pór en valor a arquitectura industrial e liga o futuro da Medusa ao deseño da nova fachada marítima

Medusa
Foto: Quincemil
O BNG sempre foi partidario de pór en valor a arquitectura industrial", afirma o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, en relación ao futuro da Medusa, a instalación fabril construída no seu día no peirao Centenario para o armacenamento de carbón.
O BNG defende pór en valor a arquitectura industrial e liga o futuro da Medusa ao deseño da nova fachada marítima

Jorquera remarca que o porto interior "debe continuar a manter as actividades produtivas" e, nese sentido, o peirao Centenario está chamado a xogar un "rol chave". De aí que sexa necesaria unha nova ubicación para a Medusa. Tanto os seus usos futuros como o seu novo emprazamento son aspectos que o BNG liga "á definición do futuro dos espazos portuarios que queden libres", sempre desde a consideración de que "é imprescindíbel o mantemento da titularidade pública".

"Este é un debate complexo en que cómpre abordar distintos factores, entre outros os custos de traslado primeiro e mantemento despois da estrutura. En todo caso, a definición dos usos futuros ten que contar coa opinión da cidadanía e de persoas expertas na materia", defende Jorquera, para quen tamén debe garantirse a compatibilidade do futuro novo equipamento con outros recintos de titularidade municipal.

 

O BNG defende pór en valor a arquitectura industrial e liga o futuro da Medusa ao deseño da nova fachada marítima