O BNG da Agra quere saber onde están as pedras do muíño de vento de Agramela
A Coruña, 16 de setembro de 2013.- O Grupo de barrio do BNG da Agra quere saber onde están as pedras do muíño de vento de Agramela, pois estas non están na actualidade onde se encontraban, na entrada ao parque de Santa Margarida pola Rolda de Nelle.
O muíño de Agramela desmontouse no ano 1984 traslandando as súas pedras ao parque de Santa Margarida. Estas, numeradas e esquecidas, levaban desde aquela no parque.
O Grupo de barrio do BNG da Agra quere saber tamén se o Goberno municipal vai reconstruír o muíño e onde o vai situar. O BNG reivindicou sempres a súa recuperación e a súa reubicación centrada no barrio.