O BNG critica que o PP use a EGAP para promover o Sr. Negreira e para o adoutrinamento político

O BNG critica que o PP use a EGAP para promover o Sr. Negreira e para o adoutrinamento político

A Coruña, 18 de xuño de 2013.- O BNG da Coruña denuncia que o Partido Popular está a empregar a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o adoutrinamento ideolóxico e para promover os seus cadros políticos, como é o caso do alcalde da Coruña, Carlos Negreira. Despois das xornadas de municipalismo, con relatores como Francisco Cacharro Gosende, secretario da Deputación de Ourense con Baltar e fillo de Cacharro Pardo, chegan agora os cursos monográficos sobre o futuro do Estado autonómico, a cargo de, entre outros, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, o seu mentor, Romay Beccaría, ou Tomás Ramón Fernández, fiel defensor do centralismo español.

As nacionalistas piden que o PP non trate a EGAP como se se tratase da FAES, laboratorio de ideas do partido neocom, e esixen que se destinen os cartos públicos da EGAP á formación de traballadoras da Administración e non a cursos partidistas da dereita máis rancia. Critican as nacionalistas que o cinismo sen escrúpulos do PP leva a Xunta a empregar cartos públicos á atacar o noso país.

 

 

O BNG critica que o PP use a EGAP para promover o Sr. Negreira e para o adoutrinamento político