O BNG critica que Cultura gaste 60.000€ nun festival de cine irrelevante

O BNG critica que Cultura gaste 60.000€ nun festival de cine irrelevante

A Coruña, 25 de setembro de 2014- En relación á presentación de Coruña Films que tivo lugar na mañá de hoxe, o Grupo Municipal do BNG critica que o Goberno do Sr. Negreira gaste 60.000 euros neste festival irrelevante e de repercusión mínima en vez de reforzar a oferta cinematográfica que xa existe, como é o S8 e a programación do Fórum Metropolitano. Ademais, as nacionalistas reivindican un incremento da oferta no auditorio do Ágora (polo de agora reducida a un documental ao mes) e do investimento na adquisición de películas nas bibliotecas.

Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG lamenta que a empresa madrileña Notodo Club de Selección Cultural, pertencente a La Fábrica, sexa por segundo ano consecutivo a adxudicataria deste concurso negociado sen publicidade. O BNG xa denunciara que as dúas únicas adxudicacións da Concellaría de Cultura en 2014 foran para a compañía de Madrid La Fábrica por un valor que ascende a 139.755 euros (59.895 euros do Coruña Films e 79.860 euros do Agra Directo).

 

O BNG critica que Cultura gaste 60.000€ nun festival de cine irrelevante