Seguen a aparecer gastos do San Xoán, cuxo custo total supera xa o medio millón de euros!!

Seguen a aparecer gastos do San Xoán, cuxo custo total supera xa o medio millón de euros!!

lume san xoánA Coruña, 24 de setembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG vén de ter acceso a novas resolucións de Alcaldía (achéganse xunto á nota) sobre pagos relacionados co San Xoán, no que o Goberno do Sr. Negreira gastou, polo de agora e á espera de novas facturas, máis de medio millón de euros. Así, aos 445.012,89 euros reservados polo IMCE e aos cartos gastados pola Concellaría de Turismo ou pola Alcaldía súmanse outras cifras que incrementan aínda máis os gastos das festas de San Xoán.

As nacionalistas critican os gastos prescindíbeis na festa do San Xoán, máxime nunha época de recortes en dereitos sociais e laborais e de encarecemento da vida actual e defenden que o San Xoán -unha festa popular, participativa, familiar, de altísima implantación en todos os barrios da nosa cidade- non precisa tantos miles de euros nin de adobío ningún.

31.800 euros en madeira, 11.000 nas cámaras de vixilancia ou 17.000 euros en máis publicidade, entre os gastos que vén de coñecer o BNG

A maior partida destes últimos datos que vén de coñecer o Bloque correspóndense cos gastos derivados do reparto da madeira que a Concellaría de Medio Ambiente forneceu a veciñanza para prender as fogueiras. O Goberno do Sr. Negreira gastou 31.799,03 euros no subministro de madeira e mais na coordinación do reparto da leña (17.448,20 euros do subministro e 7.165,18 euros da coordinación do reparto de leña).

O Goberno do Sr. Negreira gastou 11.076,80 euros nas cámaras de vixilancia instaladas para o San Xoán. Así, o Concello gastou 10.000 euros no alugueiro dun posto de vixilancia mediante cámaras DOMO telecontroladas para o dispositivo das fogueiras e 1.076 euros para a instalación e desmontaxe, trenzado e cadros eléctricos para a instalación de cámaras dispositivo San Xoán 2014. Ademais, gastou 9.583,80 euros na contratación do servizo de vixilancia privada nas praias de Riazor, Orzán, As Lapas e Punta Herminia.

No que ten a ver co eido da publicidade, o Goberno local do PP gastou 14.350,83 euros na contratación dunha campaña de promoción e comercialización turística online; 1.754,50 euros no deseño e impresión de 50.000 rifas de viaxes de San Xoán e 1.210 euros no espazo publicitario insertado na revista “Hogueras 2014”.

Outros gastos represéntanos os 4.464,90 euros do alugueiro de sanitarios no areal e os 1.529 euros de dez colectores de obra para a noite de San Xoán. Ademais, en dúas reunións relacionadas co dispositivo de seguridade, o Goberno municipal gastou 338,80 euros. En concreto, gastou 169,40 euros na primeira reunión de asesoría celebrada o 9 de abril de 2014 para a certificación do dispositivo de seguridade e outros 169,40 euros noutra reunión de asesoría celebrada o 6 de xuño de 2014 para a certificación do dispositivo de seguridade.

445.012,89: os gastos do IMCE no San Xoán de 2014

No mes de xuño, o Grupo Municipal do BNG tivo acceso ao expediente do IMCE para o San Xoán de 2014, para o organismo municipal reservara 445.012,89 euros (uns cartos que, segundo advertía o expediente, puideron verse incrementados nun 10%, chegando a 489.514 euros). O BNG xa denunciara entón que o San Xoán de 2014 lle supuña ao IMCE un aumento de gastos de 22,85% respecto do San Xoán de 2013, que provocou uns gastos de 398.470 euros.

Os gastos desglosados que fixera públicos o Grupo Municipal do BNG no mes de xuño foron os seguintes:

 

Orquestra Foliada: 4.235

Manicómicos: 27.704

D. Gelati e Robinson: 10.812,56

Los Secretos: 65.945

Nacha Pop, La Unión e Los Limones: 31.460

Bipolar Fest: 25.531

Los títeres e La cocinita sabrosa: 13.068

Festival Rock-Roll stars: 50.820

Espectáculo pirotécnico: 8.900

Construción da falla: 18.150

Festival infantil: 32.428

Hogueras de San Juan: 20.900,25

Sardiñada: 12.705

Persoal: 8.200

Varios (actividades infantís, conexión eléctrica...): 17.000

Varios (montaxes, infraestruturas, aluguer de carroza, equipos son...): 29.000

Varios (creatividade, maquetación e impresión do programa): 20.752

Mupis publicitarios: 19.650,40

Bandeirolas: 16.000

Pantalla LED: 8.772,50

Seguridade: 2.979,07

TOTAL: 445.012,89 euros

 

Seguen a aparecer gastos do San Xoán, cuxo custo total supera xa o medio millón de euros!!