O BNG critica o atraso de máis de un ano no comezo das obras de rehabilitación da fábrica de tabacos
A Coruña, 8 de xaneiro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG critica o atraso de máis dun ano no comezo das obras de rehabilitación da fábrica de tabacos, despois de que, no día de hoxe, o conselleiro de Presidencia anunciara que a adxudicación das obras terá lugar aínda a finais deste mes.
O BNG lembra que o alcalde prometera o comezo das obras para xaneiro de 2013 e que o Goberno galego, unha vez licitado o expediente de rehabilitación das obras, en xuño de 2013, atrasaba o inicio das actuacións ao derradeiro trimestre de 2013. Trátase dunha demora de máis dun ano que o PP tratou de agochar a través de continuos anuncios, sinaturas de convenios e visitas de altos cargos da Xunta de Galiza a este edificio.
O Grupo Municipal do BNG denuncia que este atraso de máis dun ano no comezo das obras non se corresponde coa perda de patrimonio municipal da nosa cidade, na medida en que o alcalde lle regalou a fábrica de tabacos, de forma indefinida, á Xunta de Galiza a cambio de nada.