O BNG convida a cidadanía a participar no debate sobre a reforma da lei local

O BNG convida a cidadanía a participar no debate sobre a reforma da lei local

A Coruña, 4 de abril de 2013.- O BNG da comarca da Coruña convida a todas as persoas interesas a participar no debate informativo sobre o anteproxecto de lei da reforma local, un acto aberto que terá lugar este sábado, 6 de abril, ás 12h, no local comarcal (Ronda de Outeiro, 62). Para confirmar asistencia, as persoas que gosten poden facelo chamando ao 981 16 89 77 ou no correo [email protected].

Con esta xornada, o BNG da comarca da Coruña comeza unha campaña para desenmascarar este anteproxecto de lei, unha agresiva reforma local que prexudicará, especialmente, os concellos de menos de 20.000 habitantes (limitación da autonomía, eliminación de servizos, fortalecemento das deputacións, desertización do rural ...).

As nacionalistas advirten de que a intención do Partido Popular, con esta lei, será privatizar os servizos públicos que prestan a día de hoxe os concellos. Na práctica, a Administración local será intervida por Madrid, que decidirá canto ten que gastar cada Concello e que servizos pode prestar.

 

 

O BNG convida a cidadanía a participar no debate sobre a reforma da lei local