O BNG chama á cidadanía a solicitar a paralización das obras da Mariña
O BNG comeza hoxe a recollida de solicitudes instando ao concello da Coruña a paralizar as obras da Mariña.
O BNG foi o primeiro, desde que o goberno municipal anuncioiu esta obra faraónica, en presentar innumerábeis denuncias públicas e iniciativas institucionais para que esta obra non se levara a cabo.
O BNG volta a denunciar que nesta obra, financiada polo concello, o Goberno Municipal asume gastos disparatados, superfluos e algún deles sen máis finalidade que unha máis que discutíbel estética urbana, entre outros unha inútil pasarela, cun custo de execución de 684.935,72 (incluíndo o custo do traslado de tres pantaláns) ou uns bancos de até 21.038,34 /unidade.
Nunha situación económica como a actual, con máis de 23.000 persoas desempregadas na cidade, unha obra como esta, cun custo global de 6.822.323,79 , é un despropósito, un despilfarro e unha ilegalidade que conlevará que o Goberno hipoteque as arcas municipais para costear este capricho do Sr. Negreira no canto de dirixir estes cartos a dar respostas ás necesidades dos barrios e ás necesidades motivadas pola crise que está a vivir boa parte da cidadanía da Coruña.
Esta obra é un cúmulo de disparates, agravado agora co caos circulatorio polo corte do tráfico na Marña.
O Goberno Local non quere esixir a Autoridade Portuaria a cesión gratuíta ao concello dos Xardíns da Mariña, a paralización da contratación en curso da urbanización da Mariña e a desaparición do proxecto desta das dúas edificacións destinadas a servizos de hostalaría e os dous quioscos. Ademais, o Partido Popular non só non negou, nos distintos plenos onde o BNG llo demandou, que os dous edificios proxectados na Mariña vaian ter usos comerciais e de hostalaría, senón que rexeitou que se dediquen para outros usos distintos dos comerciais e de hostalaría, prexudicando, desta maneira, a estes sectores da zona.
O Partido Popular volve esquecer as necesidades das persoas e as necesidades dos barrios.
O Goberno Municipal evidenciou, ante o rexeitamento das distintas iniciativas que presentou o BNG, a súa postura ante unhas obras de urbanización da Mariña que son ilegais, que son un dispendio e que van causar un prexuízo económico aos locais de hostelaría e de restantes actividades comerciais existentes.
Deste xeito, o BNG chama á cidadanía a presentar un solicita de paralización das obras da Mariña e que se pode descargar desde este enlace /redirect/content?slug=solicita_paralizacion_obras_marinha.pdf ou mesmo premendo na pestana NON OBRAS MARIÑA na barra do menú superior.