O BNG chama a cidadanía a participar na manifestación do Comité de Empresa de Albada
A Coruña, 25 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do BNG fai un chamamento á veciñanza da Coruña e da súa bisbarra para participar na manifestación, convocada polo Comité de empresa de Albada, que sairá o vindeiro martes, ás 12 horas, da praza de Pontevedra para apoiar as/os traballadoras/es e a defensa dos seus dereitos e postos de traballo, así como exixir a Albada e Concello que se cumpra coa reciclaxe. As nacionalistas animan á cidadanía a que proteste contra a fraude e a estafa social que padece, xa que se lle está a cobrar a taxa pola reciclaxe e polo tratamento de residuos cando este servizo non existe pois a cantidade de refugallos que Albada recicla en Nostián non chega ao 5%.
O Grupo Municipal do BNG lamenta que o Goberno do Sr. Negreira teime na súa actitude submisa e cómplice e non presione para queAlbada, empresa concesionaria dun servizo público, cumpra os seus deberes tanto co servizo que se comprometeu a prestar, o da reciclaxe, como cos traballadores, que se viron na obriga de convocar unha folga logo de que a empresa anunciara recortes.