O BNG celebra que A Coruña vaia ser a sede da AESIA, excelente noticia para a cidade e para Galiza

Aesia
Acto da candidatura coruñesa a acoller a sede da AESIA
O grupo municipal do BNG celebra que A Coruña vaia ser a sede da Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial  (AESIA) e considéraa unha excelente noticia para a cidade e para Galiza.
O BNG celebra que A Coruña vaia ser a sede da AESIA, excelente noticia para a cidade e para Galiza

A designación da cidade é produto da mobilización das enerxías da comunidade científica, académica, universitaria e empresarial da Coruña, ben como tamén do acordo entre as distintas forzas políticas representadas no Concello, en defensa da nosa candidatura.

Sempre defendeu o BNG a aposta na innovación e na investigación como pancas para o desenvolvemento e diversificación do noso tecido produtivo e nese sentido a AESIA está chamada a xogar un papel relevante na dinamización do sector empresarial vinculado ás novas tecnoloxías.

 

O BNG celebra que A Coruña vaia ser a sede da AESIA, excelente noticia para a cidade e para Galiza