No BNG arremangámonos para apoiar desde hoxe mesmo á Cidade das TIC

Francisco Jorquera e Avia Veira xunto co reitor Julio Abalde
Francisco Jorquera e Avia Veira xunto co reitor Julio Abalde

Avia Veira e Francisco Jorquera, entrevista co reitor.

No BNG arremangámonos para apoiar desde hoxe mesmo á Cidade das TIC

Francisco Jorquera, o noso candidato Alcaldía da Coruña, acompañado pola nosa actual portavoz no Concello da Coruña, Avia Veira, entrevistouse esta mañá co reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, para coñecer os detalles da proposta da UDC para crear a Cidade das TIC nos terreos da antiga fábrica de armas. “É o que A Coruña necesita”, resumiu Jorquera despois do encontro no Reitorado. “No BNG estamos enormemente preocupados polo declive industrial da comarca e levamos anos reclamando iniciativas públicas na liña de diversificar as industrias. Esta proposta da UDC non so servirá para resgardar o espazo dos especuladores inmobiliarios, senón que leva aparellada a creación de emprego en primeiro lugar para os propios traballadores da antiga fábrica de armas”.

Jorquera animou ás Administracións públicas a achegar orzamento á iniciativa e afirmou que “no BNG incidiremos alí onde temos capacidade de incidir para que se apoie a Cidade das TIC, e desde hoxe mesmo arremangámonos para apoiar a Cidade das TIC, nun proxecto con implicacións máis aló da comarca, un proxecto estratéxico de país”.

Jorquera agradeceu a Julio Abalde que a Universidade contribúa “a necesaria diversificación produtiva da comarca, que sofre un monocultivo no sector servizos e con industrias obsoletas, e outras ameazadas de peche, que levan camiño de converter á comarca nun deserto industrial”.

Finalmente, Jorquera tamén subliñou a capacidade de negociación da UDC co Ministerio de Defensa para conseguir deste un compromiso de cesión e que os terreos permanezan baixo titularidade pública. E dixo que este podería ser un exemplo para a cooperación entre distintas Administracións en beneficio da cidade. 

 

A Coruña, 17 de xaneiro.-

No BNG arremangámonos para apoiar desde hoxe mesmo á Cidade das TIC