O BNG apoia a recollida de sinaturas por un Centro de Saúde en Santa Lucía
A Coruña, 21 de agosto de 2015.- Nesta mañá, a concelleira do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Coruña, Avia Veira, achegouse ao Mercado de Santa Lucía para amosar publicamente o seu apoio á recollida de sinaturas iniciada onte polas praceiras e polos praceiros.
Desde o BNG apoiamos a recollida de sinaturas iniciada pol@s praceir@s de santa lucía para facer forza na demanda do cumprimento do protocolo de construción do centro de saúde ue Nacionalista Galego no Concello da Coruña
A concelleira nacionalista sinalou a importancia da construción dun centro sanitario aproveitando o espazo infrautilizado do mercado e o impulso que implicaría para os postos que hoxe en día aínda sobreviven.
Neste sentido, a concelleira lembrou a sinatura do protocolo de colaboración entre o Concello da Coruña, a Consellaría de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde. E por isto que as praceiras e praceiros reclaman con esta recollida de sinaturas que se inclúan as partidas necesarias nos orzamentos da Xunta para 2016 para a execución das obras.
Segundo sinalou Miguel Rodríguez, que falou en representación das praceiras e dos praceiros, con esta recollida de sinaturas queren facer forza para conseguir que se cumpra coa dotación do centro de saúde proxectado para o mercado de Santa Lucía. Tamén insistiu na importancia da chegada desta instalación xa que revitalizaría toda a zona, o mercado, o comercio do exterior e ao propio barrio.
A chegada do centro de saúde é importante porque serviría para revitalizar o Mercado de Santa Lucía e a súa contorna e mais daría servizo á veciñanza que se ve afectada pola saturación de Federico Tapia
Ante as preguntas d@s xornalistas, o propio Miguel Rodríguez comentou que a campaña de recollida a teñen pensado desenvolver ate finais de setembro coa intención de presentar todas as sinaturas acadadas nos primeiros días de outubro