O BNG apoia a folga de fame de Velaluz

O BNG apoia a folga de fame de Velaluz

Violencia de xéneroA Coruña, 13 de outubro de 2013.- A responsábel comarcal do BNG da Coruña, Vitoria Louro, transmite a solidariedade da formación nacionalista coas mulleres de Velaluz que comezarán o martes ás 00.05h unha folga de fame para denunciar a indefensión en que se atopan as mulleres vítimas e as súas crianzas no momento en que se deciden a denunciar o maltratador.

Vitoria Louro explica que as mulleres de Velaluz denuncian que por parte do circuíto xudicial non se está a aplicar a lei integral de violencia de xénero e non se están a ditar ordes de afastamento (motivo polo que non poden acollerse ás axudas que a propia lei recolle para elas). “E todo porque non hai orzamentos para aplicar a lei, dende o mes de xuño xa non hai cartos para o salario da liberdade, nin para atención psicolóxica... as vítimas só teñen o salario único e, no ano 2012, só percibiron esta axuda 50 mulleres”, sinala.

Á decena inicial de mulleres que iniciarán a folga de fame iranse sumando máis compañeiras, en función das obrigas laborais. Deste xeito, Velaluz reclama un sistema de protección real de mulleres e as súas crianzas vítimas da violencia de xénero en Galiza. Reclama Velaluz que este sistema non fomente nin a submisión, nin o empobrecemento nin a perpetuación do maltrato, reivindicacións ás que se suma o BNG, que ao longo destes días apoiará as mulleres en folga de fame.

 

O BNG apoia a folga de fame de Velaluz