A FORMACIÓN NACIONALISTA ULTIMA UN ACORDO POLÍTICO QUE ACOMPAÑARÁ AS CONTAS

O BNG alcanza un principio de acordo co Goberno Local e os orzamentos 2026 comezan a se tramitar

Conferencia de prensa de Jorquera sobre os orzamentos II
Jorquera, durante a conferencia de prensa do venres 19D
O BNG alcanzou un principio de acordo co Goberno Local en virtude do cal os orzamentos do Concello de 2026 comezaron hoxe mesmo -pasaron esta mañá pola Xunta de Goberno Local- a se tramitar.
O BNG alcanza un principio de acordo co Goberno Local e os orzamentos 2026 comezan a se tramitar

Ao mesmo tempo, o BNG está a ultimar o acordo político co Goberno Local que acompañará os orzamentos e do que daremos conta nos vindeiros días.

Na conferencia do pasado venres, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, xa informara os medios da existencia dun principio de acordo sobre dúas premisas que a formación nacionalista consideraba básicas durante a negociación: a recuperación dos orzamentos participativos -suprimidos en 2025- e das competencias de control plenario sobre as contas, as chamadas bases de execución.

O BNG tamén logrou, durante as conversas co Executivo municipal, a conxelación das taxas municipais para 2026, outra das premisas básicas ás que a formación nacionalista condicionaba o acordo orzamentario.

O BNG alcanza un principio de acordo co Goberno Local e os orzamentos 2026 comezan a se tramitar